Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17921

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

A Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020), modificada pola Orde do 7 de outubro de 2020 (DOG núm. 208, do 15 de outubro), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2020 (DOG núm. 221, do 2 de novembro), adxudicáronse estas axudas.

No artigo 20 da orde de convocatoria indícase que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 1 de outubro de 2021. Tamén se indica que estas renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade en que se produzan e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 20 das bases da convocatoria e atendendo ás renuncias que se lle comunicaron á Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polas universidades do SUG ás axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido que se indican a seguir:

Modalidade de atracción:

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Data de renuncia

USC

Corbett

 

Tyler

Non asinou contrato

UVigo

Franco

Rodil

Iván

Non asinou contrato

UVigo

Izquierdo

García

José Luis

Non asinou contrato

UVigo

Troncoso

Pastoriza

Juan Ramón

Non asinou contrato

UDC

Mosquera

Mosquera

Jesús

30.4.2021

Modalidade de retención:

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Data de renuncia

UDC

García

González

Marcos

Non asinou contrato

Segundo. Aceptar a renuncia da lista de espera que se indica a seguir:

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

Modalidade

USC

Al-Massadi

Iglesias

Omar

Atracción

Terceiro. Adxudicar as axudas ás universidades e persoas candidatas da lista de espera das modalidades de atracción e retención que se indican a seguir, por un período de catro anos:

Modalidade de atracción:

Nº exp.

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

ED431H 2020/08

UVigo

Puértolas

Lacambra

Begoña

ED431H 2020/10

UDC

Álvarez

Estévez

Diego

ED431H 2020/24

USC

Cristóbal

Roselló

Jordi

ED431H 2020/19

UDC

Brea

Fernández

Roberto Javier

Modalidade de retención:

Nº exp.

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

ED431I 2020/11

USC

Balboa

Méndez

Sabela

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 16 de abril de 2021, sen prexuízo do establecido no artigo 14 da convocatoria.

Quinto. Declarar extinguida a lista de espera da modalidade de atracción ao non haber máis persoas candidatas e actualizar a da modalidade de retención, tal como se indica a seguir:

Nº exp.

Universidade

1º Apelido

2º Apelido

Nome

ED431I 2020/13

USC

Mascato

Rey

Rosario

ED431I 2020/14

USC

Mauricio

Iglesias

Miguel

Sexto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas para as anualidades 2021 a 2025 entre as universidades beneficiarias, de acordo coas renuncias e as novas adxudicacións:

Mod.

Aplic. orzam.

Univ.

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

2025

Total

Atracción

10.20.561B.444.0

UDC

5

161.611,11

204.000,00

204.000,00

204.000,00

64.444,45

838.055,56

USC

3

115.194,44

153.000,00

153.000,00

153.000,00

36.805,56

611.000,00

Uvigo

2

66.583,33

102.000,00

102.000,00

102.000,00

35.416,67

408.000,00

 

10

343.388,88

459.000,00

459.000,00

459.000,00

136.666,68

1.857.055,56

Retención

10.20.561B.444.0

UDC

0

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

USC

2

66.583,33

102.000,00

102.000,00

102.000,00

35.416,67

408.000,00

Uvigo

3

144.166,68

153.000,00

153.000,00

153.000,00

5.833,32

609.000,00

 

5

210.750,01

255.000,00

255.000,00

255.000,00

41.249,99

1.017.000,00

Total 10.20.561B.444.0

15

554.138,89

714.000,00

714.000,00

714.000,00

177.916,67

2.874.055,56

Atracción

10.20.561B.744.0

UDC

5

200.000,00

160.000,00

160.000,00

160.000,00

0,00

680.000,00

USC

3

120.000,00

120.000,00

120.000,00

120.000,00

0,00

480.000,00

Uvigo

2

80.000,00

80.000,00

80.000,00

80.000,00

0,00

320.000,00

 

10

400.000,00

360.000,00

360.000,00

360.000,00

0,00

1.480.000,00

Retención

10.20.561B.744.0

UDC

0

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

USC

2

40.000,00

40.000,00

40.000,00

40.000,00

0,00

160.000,00

Uvigo

3

60.000,00

60.000,00

60.000,00

60.000,00

0,00

240.000,00

 

5

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

0,00

400.000,00

Total 10.20.561B.744.0

15

500.000,00

460.000,00

460.000,00

460.000,00

0,00

1.880.000,00

Total convocatoria

15

1.054.138,89

1.174.000,00

1.174.000,00

1.174.000,00

177.916,67

4.754.055,56

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Oitavo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade