Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17986

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (432/2020).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal desafiuzamento en precario 432/2020, seguido por instancia de Buildingcenter, S.A.U., fronte aos ignorados ocupantes do terreo sito na avenida de Vilagarcía, nº 4, P 4, PO.F, 15706 Santiago de Compostela, se ditou sentenza con data 15.12.2020, que non é firme e pode ser impugnada en apelación.

E ao estaren os devanditos demandados, os ignorados ocupantes do terreo sito na avenida de Vilagarcía, n 4, P 4, PO.F, 15706 Santiago de Compostela, en situación procesual de rebeldía, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma da referida sentenza e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza