Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2020/64 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: regulamentación LMT TC BCR803/BCR/804/BCR805 apoios T3, T4 e T5 (Becerreá).

Situación: concello de Becerreá.

Declaración responsable: si.

Características técnicas principais:

• LMT aérea a 20 kV, formada por tres circuítos, con orixe no apoio T1 existente tipo C-16/9000 e final no apoio T7 existente tipo HV-2-14/3A, cunha lonxitude de 507 metros de condutor tipo LA-110, tensado sobre tres novos apoios de celosía.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe no apoio T4 proxectado tipo C-18-4500 e final no CT estación de servizo, cunha lonxitude de 31 metros en condutor tipo LA-56.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado ubicado no apoio proxectado T5 tipo C-18/4500 e final nun empalme proxectado coa LMTS BCR805 que alimenta o CT parque empresarial, cunha lonxitude de 19 metros en condutor RHZ1-150 mm.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalación.

Orzamento: 40.329,53 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o concello de Becerreá.

• Separata para o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

• Separata para Telefónica.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e o técnico competente deberá realizar a dirección de obra.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 12 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo