Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18133

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Antonia Mena Vázquez contra Ernesto Bouzas Angueira, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Ernesto Bouzas Angueira en situación de insolvencia total por importe de 13.726,8 euros en concepto de principal (10.087,14 euros en concepto de horas extras e diferenzas salariais, 3.639,66 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.372,68 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia do executado, Ernesto Bouzas Angueira, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza