Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 27/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 27/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Enríquez Gonzalez Paz contra Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, once de marzo de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza número 15/2021, de data 29.1.2021, ditada no procedemento ordinario 903/2018 a favor da parte executante, Carlos Enríquez González Paz, fronte a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de presentada; a cantidade pola que se despacha execución é de 4.307,47 euros en concepto de principal (3.537,86 euros en concepto de salarios, indemnización e vacacións non gozadas, 769,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 430,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, once de marzo de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.307,47 euros en concepto de principal (3.537,86 euros en concepto de salarios, indemnización e vacacións non gozadas, 769,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 430,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0027 21), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza