Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (24/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 24/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Costa Espiñeira contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso Gómez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto nº 105/2021

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso Gómez en situación de insolvencia total por importe de 35.170,55 euros en concepto de principal (7.426,37 euros en concepto de diferenzas salariais, pagas extras e vacacións, 1.385,58 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET e 26.358,60 euros en concepto de indemnización), máis 3.517,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

A devandita insolvencia entenderase para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto, “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso Gómez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza