Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (108/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 108/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Calo Alborés contra Limpintegra XXI, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto nº 101/2021

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Limpintegra XXI, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 5.839,97 euros en concepto de principal (4.979,91 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non gozadas, máis 829,88 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do E.T. sobre os conceptos salariais, que comportan 4.441,45 euros, máis 30,18 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do C.C. sobre a compensación económica de liquidación de vacacións, que comportan 538,46 euros), máis outros 583,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LJS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”.

Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Llimpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza