Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18075

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de marzo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas da Axencia e polos cambios establecidos polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

En consecuencia, por proposta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación correspondente da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de marzo de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que na marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.A11.00.002.15770.125

Vicexerencia de Xestión Económica e Contratación

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.003.15770.048

Xefatura do Departamento de Xestión de Operacións TI

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.003.15770.055

Xefatura do Departamento de Arquit. de Aplic. e Calidade

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

PX.A11.00.003.15770.070

Xefatura do Departamento de Apoio Xest. Ciberseguridade

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.004.15770.077

Xefatura do Departamento de Sistemas Corporativos

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

PX.A11.00.004.15770.110

Xefatura do Departamento de Información e Xestión Dato

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.006.15770.080

Xefatura do Departamento de Conectividade e Incl. Dixital

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.009.15770.015

Xefatura do Departamento de Sistemas Tributarios

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.009.15770.035

Xefatura do Departamento de Sistemas, Nómina e Contratac.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.009.15770.055

Xefatura do Departamento de Sist. Xest. e Control Económ.

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.009.15770.075

Xefatura do Departamento de Sistemas de Apoio Toma Decisión

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

PX.A11.00.009.15770.095

Xefatura do Departamento de Coordinación e Calidade

– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

– Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de marzo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
RPT GALLEGO.pdf
RPT GALLEGO.pdf
RPT GALLEGO.pdf