Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18114

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4516/2020-CON).

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4516/2020-CON desta sala, seguido por instancia de Sandra Facal Aguiar contra Fogasa e Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, Sandra Facal Aguiar, contra a sentenza do 16 de setembro de 2020, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en autos 273/2020, revogamos en parte a sentenza impugnada e, en consecuencia:

1º. Ratificamos a declaración de resolución do contrato de traballo existente entre a demandante e a mercantil Confecciones Torres Tasende, S.L., con efectos da data da sentenza impugnada, e a condena a aboar á demandante a cantidade de 7.097,86 euros en concepto de indemnización pola extinción do contrato de traballo. Ratifícase o pronunciamento de condena do Fogasa respecto de tal declaración.

2º. Deixamos sen efecto o pronunciamento de condena ao aboamento á demandante da cantidade de 47.633,37 euros, cun xuro por mora do 10 %.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Tasende, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza