Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 477/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 477/2020-MA, por instancia de Georgina de la Rosa Bido contra Restauración Terracota Grill, S.L. sobre despedimento, en que se ditou sentenza o 15 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase a demanda formulada por Georgina de la Rosa Bido fronte á empresa Restauración Terracota Grill, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Restauración Terracota Grill, S.L. a Georgina de la Rosa Bido.

– Condénase a empresa Restauración Terracota Grill, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización de 372,90 euros; o aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 45,20 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social. ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Restauracion Terracota Grill, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza