Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun novo centro de saúde.

Expediente: 2018/X999/000253.

O Pleno do Concello de Abegondo, na sesión extraordinaria realizada o 26 de febreiro de 2021, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun novo centro de saúde en Abegondo.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento, en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O contido íntegro deste plan especial está á disposición de calquera interesado no enderezo electrónico (https://sede.abegondo.gal).

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Abegondo, 9 de marzo de 2021

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde presidente