Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre rectificación das bases reitoras da oferta de emprego público de 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 36, do 23 de febreiro de 2021, publicouse a rectificación das bases reitoras e da convocatoria da segunda fase dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019, por acordo da Xunta de Goberno local do 11 de febreiro de 2021.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org.

MDG/bl.

Vigo, 23 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (decretos do 18.6.2019, 26.6.2019, 2.9.2019 e 17.8.2020 e acordos da Xunta de Goberno local do 20.6.2019, 4.7.2019, 5.9.2019 e 18.8.2020)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal