Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18296

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 93/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 93/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Lois Ventín contra Iglequez, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: Decreto do 24.2.2021, contra o que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Iglequez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza