Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18251

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 31 de marzo de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo para o acceso nos corpos da policía local de Galicia, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, mediante a Orde do 8 de xullo de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 137, do 10 de xullo, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da policía local de Galicia, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Proceso selectivo para o acceso nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria (DOG núm. 137, do 10 de xullo de 2020)

Tribunal titular:

Presidencia: María Ramos Canosa, fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección na Agasp.

Vogais:

Enrique García Silva, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Vigo.

Jesús Pérez Martínez, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Ángel Ruibal Pérez, inspector principal da Policía Local do Concello de Pontevedra.

Tribunal suplente:

Presidencia: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Diego Someso Anguita, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

José Francisco García Rodríguez, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Diana Parente Pampín, inspectora do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.