Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18253

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para aquelas persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 e unha persoa aspirante que non puido comparecer por parto.

En sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 13 de abril de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, núm. 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que realizarán este exercicio son as que acreditaron suficientemente as circunstancias descritas antes da realización do exercicio do día 20 de marzo de 2021.

Os criterios que rexerán para a corrección, valoración e superación do exercicio serán os mesmos que acordou o tribunal o día 1 de marzo de 2021 e que foron publicados na paxina web de Función Pública.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no protocolo de actuacións para a celebración de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal