A representante da titularidade do centro privado Plurilingüe Andaina, de Culleredo (A Coruña), solicita a ampliación de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización e ampliar 4 unidades de educación secundaria obrigatoria no centro privado que se detalla a seguir:
Denominación: centro privado (CPR) Plurilingüe Andaina.
Código do centro: 15032157.
Domicilio: r/ Aguaceiros, 21.
Localidade: Culleredo (Santo Estevo).
Concello: Culleredo.
Provincia: A Coruña.
Titular: Andaina Sociedad Cooperativa Limitada.
Composición resultante:
Educación infantil: 6 unidades.
Educación primaria: 12 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade