Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18287

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (XVD 293/2020).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, fago saber que no procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento, seguido por instancia de Francisco Guede Coello, fronte a Verónica Rodríguez Rozas e Francisco Pousada González, se ditou sentenza o 26 de xaneiro de 2021, cuxo orixinal consta neste xulgado para coñecemento da parte demandada, Francisco Pousada González.

A dita sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse no prazo de 20 días desde a notificación de referida resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Pousada González, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza