Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (414/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 414/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Castro Brandariz, Juan Javier González Gende, Cesáreo Mato Costa, Ricardo Suárez Belo, José Ramón Souto Balsa, Jesús Méndez Viña contra Cotemac, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse resolución o 9.3.2021 en cuxo ditame consta:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Luis Castro Brandariz, Juan Javier González Gende, Cesáreo Mato Costa, Ricardo Suárez Belo, José Ramón Souto Balsa e Jesús Méndez Viña fronte á empresa Cotemac, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cotemac, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Luis Castro Brandariz, 5.849,38 euros.

• A Jesús Méndez Viña, 4.371,31 euros.

• A Ricardo Suárez Belo, 4.374,31 euros.

• A Juan Javier González Gende, 4.297,88 euros.

• A Cesáreo Mato Costa, 4.716,01 euros.

• A José Ramón Souto Balsa, 4.466,17 euros.

Todas estas cantidades devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza