Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 871/2019 deste xulgado do social se ditou auto, do 15 de marzo de 2021, de aclaración de sentenza, contra o que non cabe interpoñer recurso ningún.
Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a López Villanueva, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 16 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza