A Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018 (DOG nº 240, do 18 de decembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección temporal de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, mediante vinculación temporal, de diversas prazas de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita área sanitaria.
Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, no Rexistro Xeral da devandita xerencia, situado no Hospital Arquitecto Marcide, avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, no Punto de Atención ao Traballador (PAT), así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ferrol, 26 de marzo de 2021
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol