Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo) procedeuse ao nomeamento do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, titular e suplente, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que a seguir se indican:

Vogal titular: Rodríguez Fouz, Coral, persoal estatutario licenciado sanitario, médico/a de admisión e documentación clínica, en substitución de Soto Herrero, Mª Trinidad, persoal estatutario licenciado sanitario, médico/a de admisión e documentación clínica.

Vogal suplente: Vila Enríquez, Mª Pilar, persoal estatutario licenciado sanitario, médico/a de admisión e documentación clínica, en substitución de Rodríguez Fouz, Coral, persoal estatutario licenciado sanitario, médico/a de admisión e documentación clínica.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos