Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18497

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), realizouse o nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposicion para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, titular e suplente, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que a seguir se indican:

Vogal titular: Calvo López, Ricardo, persoal estatutario licenciado sanitario, médico de urxencias hospitalarias, en substitución de Rodríguez Trigo, Sandra, persoal estatutario licenciado sanitario, médica de urxencias hospitalarias.

Vogal suplente: González Vidal, Mª Nieves, persoal estatutario licenciado sanitario, médica de urxencias hospitalarias, en substitución de Calvo López, Ricardo, persoal estatutario licenciado sanitario, médico de urxencias hospitalarias.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos