O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2021, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, o seguinte acordo:
«En virtude do establecido no artigo 35 ter.7 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, noméase presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia a Tomás Otero Ferreiro.
Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto na base cuarta da Orde do 19 de febrero de 2021 pola que se convoca o proceso para seleccionar o/a presidente/a do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia».
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio