Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18558

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Inoxval, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de transformación de cooperativa a sociedade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre a transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea de socios traballadores de Inoxval Sociedade Cooperativa Galega, celebrada o pasado 26 de xuño de 2020, acordou por unanimidade a transformación da citada sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade civil limitada, coa nova denominación Inoxdubra Sociedade Limitada, sobre a base do balance de situación pechado para tal efecto o día 31 de xullo de 2020, igualmente aprobado pola asemblea.

Val do Dubra, 5 de marzo de 2021

David Rosa Couto
Presidente