Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18557

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de convocatoria de prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 55, do 9 de marzo de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

• Unha praza de coordinador/a de parques, persoal laboral, grupo II, mediante o sistema de concurso oposición.

• Dúas prazas de administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na web e no taboleiro de anuncios do Consorcio.

Lugo, 10 de marzo de 2021

O presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
P.D. (Decreto do 29.10.2019)
Pilar García Porto
Representante da Deputación Provincial de Lugo
no Consorcio Provincial contra Incendios