Mediante Decreto da Alcaldía número 177/2021, que se emitiu con data do 26 de marzo de 2021, resolveuse o nomeamento de Juan José Pérez Fernández, con DNI ***1396*, como funcionario de carreira do Concello de Valdoviño para a praza de subalterno-notificador, incluída no oferta de emprego público deste concello do ano 2018, coas seguintes características:
– Grupo: AP, subgrupo: AP; escala: Administración xeral; subescala: subalterno. Denominación: subalterno-notificador.
A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da referida publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e sede electrónica do concello.
Valdoviño, 29 de marzo de 2021
Alberto González Fernández
Alcalde