Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 979/2019 deste xulgado do social, se ditou Sentenza con data do 3 de febreiro de 2021, contra a que non cabe interpoñer ningún recurso, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Gran Despensa Real Abadía de Samos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 16 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza