Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 65/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 65/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Laricar 10, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza.

A Coruña, vinte e un de xaneiro de dous mil vinte e un.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 65/2019, sendo parte dun lado, como demandante, Fernando Guitián Lema e con DNI 33295991H, asistido polo letrado Quitáns López, e como demandado Laricar 10, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jorge Fernando Guitián Lema fronte a Laricar 10, S.L. e Fogasa, e en consecuencia debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandada a cantidade de 595,58 euros, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Respecto do Fogasa débese estar ás previsións do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Remítase o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño en autos.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Laricar 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza