Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 250/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 250/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da entidade Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de marzo de 2021.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 250/2019, sendo parte dun lado, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, representada polo letrado Sr. Núñez Fernández, e como demandado Grupo Castro Soluciones, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 377,24 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Impóñense á parte demandada as custas do proceso, que incluirán honorarios de letrado ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Remítase o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño en autos.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza