Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente, anuncio no presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Ceda, S.A. fronte a Francisco Bouzó Pérez e Parque Forestal de Beade, S.L. se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza.
En Vigo, 7 de outubro de 2020.
Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 1252/2019, promovidos por Recreativos Ceda, S.A., representada polo procurador Sr. Gil Tránchez e asistida do letrado Sr. Ferreras Valladares, contra Parque Forestal Beade, S.L. e Francisco Bouzó Pérez, en situación procesual de rebeldía.
Decido.
Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Recreativos Ceda, S.A. contra Parque Forestal Beade, S.L. e Francisco Bouzó Pérez, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboar a cantidade de 1.459 euros, máis xuros pactados desde a reclamación extraxudicial (18 de setembro de 2018); e ao pagamento das custas procesuais.
Notifíqueselles ás partes.
Contra a presente resolución non cabe ningún recurso.
Así o acordo, mando e asino».
E atopándose o devandito demandado, Francisco Bouzó Pérez e Parque Forestal Beade, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 16 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza