Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 113/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 113/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Figueiras Gómez contra a empresa Hotel Santomé, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións que se encontran á súa disposición na sede do xulgado:

Auto do 14 de decembro de 2020, impugnable en reposición no prazo de tres días.

Decreto do 14 de decembro de 2020 e dilixencias de ordenación do 14 de decembro de 2020, 23 de decembro de 2020, 4 de xaneiro de 2021 e 17 de marzo de 2021, impugnables en revisión no prazo de tres días.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Santomé, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza