Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 623/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 623/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Vila Nieto contra a empresa Prodmet Ibeira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a seguir:

Resolución: Decreto do 23 de decembro de 2020, contra o cal cabe interpor recurso de reposición no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma legal a Prodmet Ibeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza