Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Nova Galicia Urbanizadora, S.L.U.
Domicilio social: avenida Linares Rivas, 1-baixo, 15005 A Coruña.
Denominación: proxecto de LMTS, CS e CT de 400 kVA para Pazo de Xaz-rúa República de Uruguay, 93, 15178 Oleiros.
Situación: rúa República de Uruguay, 93, 15178 Oleiros.
Características técnicas:
– Liña de media tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin na liña de distribución (expediente IN407A 2018/8) logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²) AL, lonxitude 12 m (entrada e saída).
– Centro de secionamento en edificio prefabricado soterrado con celas prefabricadas tipo 3L telecontrolado con transformador de tensión para alimentación auxiliar (3L 2TC GPRSFO ME + TT GNF) (24 KV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 4 de setembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña