Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18747

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4273/2020 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4273 /2020

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 741/2019 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: María Dolores Rodríguez Louzán

Avogado: José Nogueira Esmoris

Recorridos: Servizo Publico de Emprego Estatal e Herrero Marinesca Conservas, S.L.

Avogado/a: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4273/2020 desta sección, seguido por instancia de María Dolores Rodríguez Lozano contra o Servizo Público de Emprego Estatal e a entidade Herrero Marinesca Conservas, S.L., sobre desemprego, foi ditada Resolución con data do 12 de marzo de 2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimar o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Dolores Rodríguez Lozano contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña do 17.7.2020, en proceso sobre prestación por desemprego, seguido por instancia da recorrente contra o Spee, e Ferreiro Marinesca Conservas, S.L., e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herrero Marinesca Conservas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza