Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021 pola que se somete a información pública a delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de San Cibrao (Cervo) e O Vicedo, na provincia de Lugo, Ortigueira e Espasante (Ortigueira), Mugardos e O Seixo (Mugardos), Betanzos, Caión (A Laracha), Portocubelo e O Pindo (Carnota) e Corcubión, na provincia da Coruña, e Pedras Negras (O Grove), As Corvaceiras e Club Naval (Pontevedra) e Meira e Domaio (Moaña), na provincia de Pontevedra.

A área de explotación e planificación portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou as delimitacións dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) dos portos de San Cibrao (Cervo) e O Vicedo, na provincia de Lugo, Ortigueira e Espasante (Ortigueira), Mugardos e O Seixo (Mugardos), Betanzos, Caión (A Laracha), Portocubelo e O Pindo (Carnota), e Corcubión, na provincia da Coruña, e Pedras Negras (O Grove), As Corvaceiras e Club Naval (Pontevedra), e Meira e Domaio (Moaña), na provincia de Pontevedra, conforme o artigo 52 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Estes documentos sométense a información pública para que as persoas físicas ou xurídicas interesadas poidan examinalos e presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Dispoñen para iso do prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, na rúa Pastor Díaz, 13, 1º, 27002 Lugo, da Zona Centro, na avenida do Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, e da Zona Sur, na rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º e 2º, 36002 Pontevedra, ou na sede electrónica correspondente.

Os referidos documentos estarán dispoñibles na páxina web www.portosdegalicia.gal, no enderezo https://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/delimitacion-espazos.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia