Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria de limpeza de predios en risco de incendio, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007.

Visto o expediente tramitado para lograr a limpeza de predios invadidos por maleza con risco de incendio, situados nas faixas de protección establecidas pola Lei de prevención de incendios de Galicia.

Visto que foi ordenada a limpeza da parcela e que se lle notificou a obriga ao responsable, mediante a publicación da orde, en cumprimento do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, no DOG e no BOE, por tratarse de titulares con enderezo descoñecido, co fin de poder continuar o procedemento previsto para a efectiva protección das faixas.

Visto, ademais, que o Concello e Oia ten en trámite un convenio asinado con Seaga polo que encarga a este organismo da Xunta de Galicia a limpeza efectiva de moitas parcelas que están en situación de risco de incendio e para as cales non foi posible conseguir a limpeza polos seus titulares, ben porque non se coñecen, ben por incumprimento.

Considerando que resulta obrigatorio, chegados a este punto, acordar a execución subsidiaria polo Concello, que este encargará pola súa vez a Seaga, e que resulta necesario formalizar tamén a liquidación provisional dos custos que terán esas limpezas.

De acordo co previsto no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, 135 e seguintes da Lei 2/2016, do solo e Galicia, e 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria das ordes de execución impostas mediante decreto de Alcaldía no expediente que logo se refire, contra o titular que tamén se indica, respecto da parcela identificada na táboa que segue:

Expediente

Ref catastral

Data notificación/

publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Ha. afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional traballos xestión biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

698/2020

36036A039010690000QJ

DOG do 1.7.2020

BOE do 7.7.2020

Sª María de Oia

As Casetas

39/1069

0,090644

358,33

28.7.2020

Manuel Fernández Treinta

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que aparecen na mesma táboa, na columna de liquidación provisional.

Terceiro. Sirva esta como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo este decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Cuarto. Ordenar a publicación desta resolución no BOE e no DOG, para coñecemento e efectos, e comunicar a Seaga para os efectos que procedan.

Oia, 25 de marzo de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa