En cumprimento da Resolución do 8 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantas persoas aparezan como interesadas no procedemento de aprobación do Decreto 180/2020, do 22 de outubro, polo que se aproba o Plan de conservación do monumento natural Souto da Retorta, no concello de Viveiro (Lugo), publicado no Diario Oficial de Galicia número 224, do 5 de novembro, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4036/2021, no cal o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana recorre contra a resolución administrativa deste expediente.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural