Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 25 de marzo de 2021, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02526-O-2019 e un máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-02526-O-2019 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan ás en Praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-pq.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02526-O-2019

PO-9068-BJ

Y3108029F

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

4.2.2019; 9.59; PO-841; 20,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.200 euros

XC-00498-O-2020

C-6405-BK

32714478Z

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

28.11.2019; 10.19; AC-566; 2,137

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros