Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19010

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (1130/2019).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal número 1130/2019, seguido por instancia de Ana Isabel González Penín contra Antonio Díaz Rial e Ana María Villamarín Estela, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vigo, 22 de outubro de 2020

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 1130/2019, promovidos por Ana Isabel González Penín, asistida da letrada Sra. Longarela García, contra Ana María Villamarín Estela e Antonio Díaz Rial, en situación procesual de rebeldía,

Decido:

Que, admitindo integramente a demanda promovida por Ana Isabel González Penín contra Ana María Villamarín Estela e Antonio Díaz Rial, debo condenar e condeno os demandados a aboaren solidariamente a cantidade de 1.993,16 euros máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose os devanditos demandados, Antonio Díaz Rial e Ana María Villamarín Estela, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza