Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19011

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1045/2019).

Liquidación de sociedades gananciais 1045/2019

Procedemento orixe: liquidación de sociedades gananciais 216/2019

Sobre liquidación de sociedade de gananciais

Demandante: Anuncia Lago Costas

Procuradora: Celsa Muñoz Leira

Avogada: Margarita Alonso Martínez

Demandado: Manuel Meijido Vidal

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio que no presente procedemento de liquidación da sociedade de gananciais nº 1045/2019, seguido por instancia de Anuncia Lago Costas fronte a Manuel Meijido Vidal ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto número 99/2021.

Maxistrada xuíza: María del Carmen Salvador Mateos.

En Vigo o once de febreiro de dous mil vinte e un.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva:

1. Aprobar a proposta de liquidación da sociedade de gananciais presentada pola procuradora Celsa Muñoz Leira, en nome e representación de Anuncia Lago Costas, do 7 de novembro de 2019, fronte a Manuel Meijido Vidal, que se dá por reproducida nesta resolución.

2. Expedir testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos unindo o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituírse ingresando a citada cantidade na conta deste expediente con número 3632, da entidade Santander, e sinalar, no campo “concepto”, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo e asino. Dou fe. A maxistrada da Administración de xustiza».

O letrado.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Meijido Vidal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 26 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza