Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19196

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (584/2019).

JVB xuízo verbal 584/2019

Procedemento orixe:

Sobre outros

Demandante: Coca Cola European Partners Iberia, S.L.U.

Procuradora: Natividad Alfonsín Somoza

Demandados: Cafetería Restaurante O Patrón S.C., Mihai Postoloche, Ramona Mariana Gherghel, Marian Marcu e Lenuta Lavinia Gherghel

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Coca Cola European Partners Iberia, S.L.U. fronte a Cafetería Restaurante O Patrón, S.C., Mihai Postoloche, Ramona Mariana Gherghel, Marian Marcu e Lenuta Lavinia, foi ditada sentenza cuxo teor literal na parte dispositiva é o seguinte:

«Estimo integramente a demanda presentada por Coca Cola European Partners Iberia, S.L.U. contra Cafetería Restaurante O Patrón, S.C., Mihai Postolache, Ramona Mariana Gherghel, Marian Marcu e Lenuta Lavinia Ghergel e, en consecuencia, condeno as demandadas a aboaren solidariamente á demandante a suma de 1.202,42 euros, incrementada cos xuros da Lei 3/2004, producidos desde a data de vencemento de cada factura ata o seu completo pagamento, e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada».

E encontrándose as devanditas demandadas, Cafetería Restaurante O Patrón, S.C., Mihai Postolache, Ramona Mariana Gherghel, Marian Marcu e Lenuta Lavinia Ghergel, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza