Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19197

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (542/2019).

Eu, María Ángeles Pernas Vale, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, mediante o presente edicto, anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de María del Mar López López fronte a María Torres Albín ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 30/2021

Sarria, 4 de marzo de 2021

Vistos por min, María Hortensia Bouso Darriba, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 542/2019, en exercicio de acción de reclamación de cantidade, seguidos por instancia de María del Mar López López, representada pola procuradora Sra. López Vizcaíno, e baixo a dirección letrada da Sra. García Arias, contra María Torrres Albín, en situación de rebeldía procesual,

Resolvo:

Que, aceptando integramente a demanda formulada por María del Mar López López, representada pola procuradora Sra. López Vizcaíno, contra María Torres Albín, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar solidariamente a María del Mar López López a cantidade total, s.e.o.o., de mil corenta e cinco euros con setenta céntimos (1.045,70 €).

Tal suma devindicará os xuros legais computados desde a data de presentación da demanda, isto é, o 16 de setembro de 2019, e ata a data de ditado da presente resolución.

Os xuros legais do artigo 576 da LAC devindicaranse desde a data da presente resolución ata o seu completo pagamento.

Por último, condénase a demandada, María Torres Albín, ao aboamento das custas procesuais devindicadas na presente instancia.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E estando a dita demandada, María Torres Albín, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma.

Sarria, 8 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza