Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de oficial/a vixilante recadador/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 099, do 2 de maio de 2017, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, publicouse unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 154, do 7 de xullo de 2020, publicouse resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto 2825/2020, do 26 de maio de 2020: dúas (2) prazas de oficial/a vixilante recadador/a; escala: administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Unha en quenda de acceso libre ordinario (OEP 2017) e unha en quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade (OEP 2016).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte dias hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 2 de marzo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos