DSP despedimento/cesamentos en xeral 585/2020
Procedemento orixe: /
Sobre despedimento
Demandantes: José Calvo Santos, Global Metal & Piping Servies, S.L.
Avogado: Manuel Quintáns López
Demandados: Cyngasa S.L., Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L.
Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 585/2020 deste xulgado do social, contra a empresa Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:
Auto
A Coruña, 17 de marzo de 2021
Parte dispositiva
Acórdase aclarar o contido da sentenza do 28 de xaneiro de 2021, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:
No resolvo debe dicir se estima a demanda interposta por José Calvo Santos contra Cyngasa, S.L., Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 27 de xullo de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 58,61 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 4.996,47 euros por despedimento improcedente.
A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.
Absólvese a Global Metal & Piping Servies, S.L. de todos os pedimentos contra ela dirixidos.
Notifíquese esta resolución ás partes.
Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.
Así o acorda, manda e asina.
A Coruña, 22 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza