A instalación denominada Ret. LMTA, LMTS LES805 Estrada-Gradín, 5, no concello da Estrada, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de abril de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello da Estrada.
Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 18 de marzo de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
anexo
Ret. LMTA, LMTS LES805 Estrada-Gradín, 5 (A Estrada)
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº apoio |
m2 chan |
m2 subsuelo |
Concello |
1 |
36017K503002730000EG |
Outeiro |
Prado |
Descoñecido |
1 |
1,44 |
22 |
A Estrada |
2 |
36017K506006440000EA |
Veiga da Costa |
Labor |
Descoñecido |
2 |
1,96 |
15,05 |
A Estrada |