Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2021/31-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB804-entre apoios nº 38-8-3 e nº 38-8-5 (Leiro).

Situación: concello de Leiro.

Características técnicas: substitución de 3 apoios nº 36-8-3, 36-8-4 e 36-8-5, por deterioración, na LMT a 20 kV ALB804, instalando novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/500-B1C, C-18/1000-H35 e C-18/2000-H35 respectivamente, e o retensamento do condutor LA-30 existente; a reforma ten a súa orixe no apoio nº 36-8 existente, de tipo C-14/2000, da LMT ALB804 (expediente 2327 AT), e o seu remate no apoio nº 36-8-6-CT, existente, de tipo HV-11/1000.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van a expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Ourense, 23 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/31-3.

Termo municipal: Leiro.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804-entre apoios nº 38-8-3 e nº 38-8-5.

Predio: 2.

Paraxe: As Viñas.

Cultivo: monte baixo.

Referencia catastral: 32041A028000550000KM.

Titular: Víctor Ameijeiras Pajarin.

Afección: superficie de ocupación 2 m2 para o apoio D-36-8-5.