Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19492

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

O 29 de xaneiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se convocan para o ano 2021.

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.461A.470.0, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

A data actual, e coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados, cómpre ampliar o importe do crédito asignado a esta axuda, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0.

Polo exposto e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación de crédito

Amplíase o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego en 160.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0. O importe total destinado ao financiamento destas axudas é de 200.000,00 euros.

Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes

A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Artigo 3. Réxime de recursos

Contra esta resolución poderá interpoñerse con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios