Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19556

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para aquelas persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o 12 de abril de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 196, do 28 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 22 de abril de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no seminario A da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, núm. 2-4, Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que realizarán este exercicio son as que acreditaron suficientemente as circunstancias descritas antes da realización do exercicio do día 28 de marzo de 2021.

Os criterios que rexerán para a corrección, valoración e superación do exercicio serán os mesmos que acordou o tribunal o día 23 de marzo de 2021 e que foron publicados na páxina web de Función Pública.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no protocolo de actuacións para a celebración de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Regina Victoria Martín de Vidales
Presidenta do tribunal