Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19558

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso aos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Con data do 10 de xullo de 2020, o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocaba o proceso selectivo para o acceso nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.

Con data do 15 de febreiro de 2021 publicouse no DOG núm. 30 a Resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso á escala básica, categoría de oficial, nos corpos de policía local, quenda de acceso por promoción interna e mobilidade.

Transcorrido o prazo de emenda de solicitudes establecido, e de conformidade co establecido no punto 3.6.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado mediante a Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe de persoas admitidas poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal.

A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe de persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega e a listaxe de persoas exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega pódense consultar na páxina web oficial da Agasp http://agasp.xunta.gal.

Segundo. En sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2021, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 30 de abril de 2021, no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que se farán públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 9 de abril de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de promoción interna

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

Cruz Fernández

Diego

1, 2, 3, 4 e 5

Patiño Carballeira

José Luis

6

Causas da exclusión

1

Non acredita o aboamento da taxa

2

Non achega relación de méritos

3

Non achega copia dos méritos

4

Non acredita os tres anos de servizo activo continuado na categoría de policía

5

Debe acreditar que posúe a titulación académica requirida

6

Desistencia da solicitude

ANEXO II

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de mobilidade

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

Abellás González

Santiago

2

Causas da exclusión

2

Fáltanlle menos de 8 anos para pasar a segunda actividade