Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dun posto de técnico informático.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 27 de marzo de 2021 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario de técnico informático nesta entidade.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 29 de marzo de 2021

Fernando Suárez Barcia
Alcalde